XXXVI CERTAMEN DE POESÍA "BLAS INFANTE"

O Concello de Padrón impulsa a poesía galega co XI Certame Poético Rosalía de Castro

Fuente: https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/12/18/o-concello-padron-impulsa-poesia-112724315.html

O premio está dotado con 1.500 euros e a publicación da obra gañadora.


O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, anunciou a convocatoria da XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro.

.

Este prestixioso certame literario busca homenaxear a figura da poetisa e fomentar a creación poética en galego.
.
A convocatoria está aberta a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inédites escritas en lingua galega, unhas obras que deben ser orixinais, non premiadas previamente e contar cunha extensión mínima de 400 versos. Tanto o tema como a forma poética son libres, e as obras deberán entregarse en formato papel, por quintuplicado, con letra Arial tamaño 12 e seguindo o sistema de plica para garantir o anonimato.
.
O prazo de presentación dos traballos iniciarase o vindeiro 3 de xaneiro e rematará o 17 de marzo do vindeiro ano. As obras deberán enviarse ao enderezo do Concello de Padrón (Rúa Longa nº27, 15900 Padrón, A Coruña), indicando no sobre "XI Premio de Poesía Rosalía de Castro".
.
Por Anxo Bentrón