Oxurado do XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro, acordou onte, por maioría, outorgar o galardón ao escritor, guionista e creador escénico Miguel Cavadas Docampo, pola súa obra titulada Himno nacional.
O xurado destaca «a frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar».
.Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Silvia Penas, cun xurado composto por Lucía Aldao, Manuel López e Samuel Merino, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Xabier Castro e Ramón Abuín, respectivamente. O acto oficial de entrega do certame será o 14 de decembro no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
.
Por u. lópez