Fuente: https://www.farodevigo.es/sociedad/2024/11/19/anxo-angueira-presenta-vigo-poesia-111818021.html
Anxo Angueira, poeta e presidente da Fundación Rosalía de Castro,acudiu onte a Vigo para presentar na EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios, o volume «Poesía reunida» (Xerais), de Xosé Luis Méndez Ferrín.
A elección de Angueira para o acto debeuse a que el foi quen elaborou o estudo introdutorio para esta antoloxía ao tempo que se encargou das notas.
.
Grazas a este traballo de investigación e estudo coñecemos detalles das distintas obras poéticas de Ferrín ao longo da súa carreira.
.
Un exemplo son as dificultades do escritor ourensán-vigués para publicar os seus primeiros poemarios no formato libro chegando a custear el mismo «Voce na néboa».
.
Por REDACCIÓN